Avogada especialista en herdanzas e dereito civil.

Non deixes que as xestións che impidan transitar o teu loito en paz.

Descarga o peso dos trámites derivados do falecemento nas miñas mans e preocúpate só do que de verdade importa: coidar de ti e dos teus.

Contacta agora e recibe gratis o certificado de últimas vontades para comezar a liberar a túa mente.

Neste momento tan delicado, o último que precisas é preocuparte por trámites complexos, prazos que afogan ou termos legais incomprensibles.

Gustaríache parar o mundo para baixarte e poder descansar. Porque o teu mundo parou, pero o dos demais segue correndo coma se nada tivera sucedido.

Por desgraza, iso non é posible, e a alternativa só é unha: DELEGAR.

Son Tania Turnes,

Avogada especialista en herdanzas, estranxeiría e dereito civil.

O meu obxectivo é que sintas compañía e respaldo en cada paso, liberándote da carga de burocracia que tanto pesa cando a vida che da un golpe como é a perda dun ser querido.

Porque entendo polo que estás pasando.

Non terás que preocuparte de ningún trámite máis; encargareime de cada detalle para que poidas atopar a tranquilidade que precisas.

Acompañamento integral

Poderás olvidarte de xestións, prazos, chamadas e documentos

Empatía e comprensión

Sentirás que alguén te entende e te acompaña, aliviando a túa carga emocional.

Claridade e accesibilidade

Comprenderás os pasos a seguir de forma clara, sen termos xurídicos incomprensibles

Sentirás que todo volve estar baixo control.

Eles pasaron polo mesmo

«Excelente, como profesional y como persona. Siempre pendiente de mis asuntos y de mi. Me ayudó a gestionar las testamentarias de mis hermanas, así como a redactar mi testamento.
Muy cercana y con gran empatía. Recomendable al 100%.”

Piedad Silva Cabado

«Traballo serio e eficaz. É moi doado contactar con Tania e responde as dúbidas de forma rápida, clara e cun trato moi amable. Sempre disposta para adecuarse ó horario dos clientes. Eu non a coñecía, recomendouma a compañía de seguros cando faleceu meu pai e encargouse ela de tódolos trámites. Quedei moi contento co seu traballo e volverei a contar con ela sin ningunha dúbida cando necesite os seus servicios. Totalmente recomendable. Graciñas por todo Tania!!”

Miguel Suarez Filloy

«Acudimos a Tania para que nos gestionase las solicitudes de autorización de residencia y posteriormente las peticiones de nacionalidad y desde el primer momento nos sentimos muy tranquilos con el trato recibido ya que es muy amable y empática al mostrarse flexible a la hora de recibirnos en el despacho debido a nuestros horarios de trabajo. Siempre que podemos la recomendamos a otros compatriotas.”

Fredy Valentín Prieto

Quizáis te preguntes…

“¿Qué trámites podo deixar nas túas mans?”

A xestión da túa herdanza:

Obtención de certificados de defunción, últimas vontades e de cobertura de seguros; tramitación de pensións e declaración de herdeiros; e a xestión completa ata a aceptación, renuncia, partición e adxudicación da herdanza.

A redacción do teu testamento:

Preparación de testamentos tradicionais e vitais, pactos de mellora e legados, garantindo que as túas vontades sexan claras e representen os teus desexos.

A liquidación dos impostos:

Sucesións, plusvalías, transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

E todos os trámites administrativos:

Xestión de cambios de titularidade en Tráfico, subministracións e outros trámites importantes como a inmatriculación de fincas que non constan no Rexistro.

Asegurareime de que comprendas todo o proceso e que saibas que nada quedará sen facer.

Ademáis, como avogada especialista en dereito civil e estranxeiría, tamén estou afeita a levar outros casos como divorcios, contratos e reclamacións de cantidade ou solicitudes de permiso de nacionalidade e residencia.

Sei que solucionar os teus problemas axiña é o máis importante para a túa tranquilidade.

Por iso sempre traballo coa premisa de chegar a acordos para solventar os conflictos coa maior rapidez.

Chegou o momento de delegar para poder adicar tempo a recompoñer a túa vida e superar a túa perda.

Porque cando ainda sintes a súa presenza, os prazos xa comezaron a correr.

Contacta agora e recibe o certificado de últimas vontades gratis para comezar a liberar a túa mente de trámites burocráticos que parecen infinitos:

Atendereite en horario flexible, para adaptarme ás túas circunstancias, no meu despacho en Meixonfrío.

Dirección

Tambre, 17 Bajo (Centro Negocio Meixonfrío) - MEIXONFRIO, 15705, Santiago de Compostela (A Coruña)

Teléfono

+34 686 180 385